Saltar ao contido

Karl Ferdinand Braun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Ferdinand Braun

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1850 Editar o valor en Wikidata
Fulda (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlter Dompfarrlicher Friedhof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín - Doutor en filosofía (–1872)
Universidade Philipps de Marburgo
Universidade de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Director de teseAugust Kundt e Georg Hermann Quincke Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Tubinga
Marburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, inventor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Karlsruhe (pt) Traducir
Universidade Philipps de Marburgo
Universidade de Würzburg Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosLeonid Mandelstam (pt) Traducir e Jonathan Zenneck Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoLeonid Mandelstam (pt) Traducir, Richard Gans, Godfrey Thomson (pt) Traducir, Godfrey Thomson (pt) Traducir e Alois Wuest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmélie Bühler Editar o valor en Wikidata
IrmánsPhilipp Braun
Wunibald Braun Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Браун Карл Фердинанд)
Obálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.45) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: c9bf1ea2-b4ff-4324-ac30-04ced26ecf7c WikiTree: Braun-1581 Find a Grave: 198629408 Editar o valor en Wikidata

Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.

En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.

En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).

Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]